Xornadas de tenreira Cachena no restaurante Santa Comba

[Xornadas de tenreira Cachena no restaurante Santa Comba - uploads/9/news/santa-comba-2x2-cachena-nuevo.jpg]

21.05.2013. Dende hoxe e ata o vindeiro día 10 de xuño, o restaurante parrillada Santa Comba (San Pedro de Santa Comba, Lugo) acolle unhas xornadas gastronómicas de tenreira de raza Cachena procedentes de animais seleccionados da explotación Cachenas de San Breixo (Triacastela, Lugo).

O comensal poderá escoller entre varios pratos elaborados con distintas pezas de carne, como o solombo, o a chuleta, o osobuco ou o entrecosto de tenreira Cachena. Entre estas posibilidades destaca a Ferradura Cachena, que se servirá como mínimo para dúas persoas a un prezo de 18 euros.