XA ESTÁ AQUÍ A SEMANA VERDE E SALIMAT 2021

Do 3 ao 5 setembro 2021. Silleda (Pontevedra)
[XA ESTÁ AQUÍ A SEMANA VERDE E SALIMAT 2021 - uploads/9/news/wwwsemanaverdees_200_x_87.jpg]

EXPOSICIÓN DE EXEMPLARES DE RAZA AUTÓCTONA NO PABILLÓN DE GANDERÍA.

 

Despois de un ano e medio de parón, por fin esta semana celébrase do 3 ao 5 de setembro a Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Este ano non teremos concursos morfolóxicos de razas autóctonas, pero si exposición de exemplares de animais vivos. Estaremos no no pabillón 3 de gandería con exposición das raza Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos, unha representación coa participación de 40 ganderías e case 600 animais das 8 razas autóctonas.

Tamén haberá o tradicional MERCADO DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á venda exemplares da raza Galiña de Mos no que participarán varios produtores da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.

 

TAPIRAZAS VOLTARÁ UN ANO MÁIS AO SALIMAT 2019

 

BOAGA presenta un ano máis TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Xunto coa federación e as asociacións de criadores, participará Antonio Díaz Calvo (AUTGA AUTÓCTONAS) ao fronte.

O Cociñeiro e o seu equipo elaborarán as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e Porco Celta que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas pódese descargar no seguinte enlace MENÚ TAPIRAZAS 2021

TapiRazas estará en funcionamento de venres a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1.

 

COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO “DE NOS PARA VOS”.

Boaga e trece criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 15 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2021.

Este é o noveno ano no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, carne de cordeiro de Ovella Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas e ovos de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “GANADERÍA BALÍN”, “CACHENAS DE PANTÓN”,“CACHENAS DE SAN BREIXO”, “GANDARÍA E CARNICERÍA LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE, “AVES DO CONCELLO”, “CHOUSA DO LEA”, “GRANXA AEIROÁ” “A GRANXA DE LOLA”, “GRANXA PITAGUDÍN”, “GRANXA A CIRUXANA” E “O AGRO”

Ademáis estaremos con dous stands propios “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas.