TALLERES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGROGANDEIRO OS DÍAS 25 E 26 DE ABRIL

[TALLERES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGROGANDEIRO OS DÍAS 25 E 26 DE ABRIL - uploads/9/news/redimensionarphp.jpg]

17.04.2013. A prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal galego será unha das novidades que ofrece este ano Previsel, o oitavo Salón da Prevención e Seguridade Laboral que se celebra en Expourense os días 25 e 26 de abril.

Impartiranse dous talleres organizados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que están cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Programa de Desenvolvemento Rural Sustentable-Rural É.

O xoves 25, de 17:00 a 19: 30 horas, desenvolverase unha sesión sobre os riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal. Dividirase en tres relatorios: os riscos de seguridade na utilización da maquinaria e as enfermidades profesionais no sector, os riscos derivados dos residuos que xeramos nas explotacións e como evitalos, e a mellora en prevención de riscos laborais na adquisición de maquinaria e na reforma das explotacións.

O programa do venres estará centrado na prevención fronte ós riscos nos traballos do sector agroforestal.

A asistencia é gratuíta, pero necesita inscrición previa. Posteriormente entregarase un certificado de asistencia. Pode inscribirse aquí. Para máis información sobre as xornadas e sobre os relatores, pinche aquí.