PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE GRANXAS DE AVICULTURA ARTESANAL NO PRIMEIRO FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO

18 noviembre 2021. Santiago de Compostela
[PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE GRANXAS DE AVICULTURA ARTESANAL NO PRIMEIRO FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO - uploads/9/news/1_9qudbQT.jpg]

O xoves 18 de novembro, presentamos no Centro de Emprendemento Gaiás – CEM, da Cidade da Cultura, o proxecto FEADER 2018/26A  “APROVEITAMENTO DE TERREOS BALDÍOS PARA GRANXAS AVÍCOLAS ARTESANAIS E COMERCIALIZACIÓN DIFERENCIADA”, no I FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO” que se celebrou en Santiago de Compostela.

O proxecto trianual, concedido no 2018 e rematado no ano 2020, pretendeu acadar unha simbiose, entre a produción cárnica da raza autóctona e as fontes de proteína de cereais autóctonos. Para elo se realizou en tres fases e cuxos resultados servirán para aplicabilidade

Neste proxecto demostrouse coma o colleitado de cereais en parcelas anexas a explotacións artesanais con animais de crecemento lento coma a raza Galiña de Mos, fai que os custes de produción sexan máis reducidos, en comparación a ter que importar outras materias primas, coma a soia, tal e como quedou demostrado.

Ademáis no proxecto comprobouse coma o mantemento das temperaturas esixidas pola normativa vixente, das caixas de transporte dos produtos avícolas, transportadas en vehículos convencionais e para venda directa, permitirá un importante aforro de custes nos produtores artesanais, que poderán sacrificar as súas producións na propia explotación baixo unhas normas de hixiene, reguladas no RD “Real Decreto 1086/2020, do 9 de decembro, polo que se regulan e flexibilizan determinadas condicións de aplicación das disposicións da Unión Europea”.

Pódese descargar a ponencia e o cartel nos seguintes enlaces:

PRESENTACION proxecto FEADER 2018_26A "“APROVEITAMENTO DE TERREOS BALDÍOS PARA GRANXAS AVÍCOLAS ARTESANAIS E COMERCIALIZACIÓN DIFERENCIADA”