A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

[A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro - uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg]

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que forman parte de Boaga.

Ata Silleda trasladáronse 20 de Cabra Galega, así como 21 exemplares das cinco razas de bovino (Cachena, Frieiresa, Limiá, Vianesa e Caldelá), 10 de Ovella Galega e 60 da Galiña de Mos. Ademais, o día de inauguración da feira houbo unha presentación dalgunhas das razas galegas en perigo de extinción na que participaron un exemplar de Cabra Galega, un de Ovella Galega e dous de Galiña de Mos. Aínda que as vacas non desfilaron pola pista, a súa vistosidade tamén se quedou de manifesto, converténdose no centro de atención para moitos visitantes.

A segunda edición de GandAgro, que pechou cunha cifra de visitantes próxima aos 11.000, contou con 231 firmas expositoras de 14 países e un programa con máis de 30 actividades, nas que se incluíron conferencias, concursos, presentacións, exhibicións e reunión sectoriais.