UN ANO MÁIS “SABOR DE RAZA” EN XANTAR

3-7 noviembre de 2021. Ourense
[UN ANO MÁIS “SABOR DE RAZA” EN XANTAR - uploads/9/news/_dsc0161.jpg]

UN ANO MÁIS “SABOR DE RAZA” EN XANTAR

Como non podía ser doutro xeito a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA participou nunha nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar que se celebrou en Ourense do 3 ó 7 de novembro.

Boaga montou un stand no que os asistentes pudieron obter información por parte do persoal de Boaga sobre as razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos e os seus productos derivados, sobre as múltiples posibilidades culinarias e sobre as diferentes estratexias de comercialización.

Fíxose especial fincapé na marca de calidade 100% Raza Autóctona, selo oficial que garante que realmente se trata dun produto de raza e que procede de animais criados en condicións naturais e de sostibilidade.

As autóctonas estiveron presentes no restaurante “Federación de Razas Autóctonas de Galicia” onde Antonio Díaz Calvo e o seu equipo foron os encargados de elaborar un menú autóctono utilizando distintas técnicas culinarias que levou a moitos dos asistentes a recordar sabores de antaño, sabores de raza.

Ata o stand achegáronse D. Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia; D. Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; D. José González, conselleiro do Medio Rural e  Dª.Rosa Quintana, conselleira do Mar entre outros.

Como recoñecemento ao noso labor o Comité Nacional de Radio Turismo concedeunos a MEDALLA DE ORO polo noso compromiso e fidelidade  con Xantar Salón Internacional de Turismo y Gastronomía.

O programa COUSAS DE COMER de TELEMIÑO fixo unha escala no Xantar, entrevistando a D. José Ramón Justo Feijóo que falou da orixe da Federación e das Asociacións de criadores, das razas e do camino percorrido. clicando no enlace pódese ver o vídeo

ESPAZO COMÚN CON EXPERIENCIAS PROPIAS

Un ano máis os criadores de Razas Autóctonas tiveron espazo neste evento. Gandería e Carnicería Juan M. Lage (raza Caldelá), Cachenas de Pantón (raza Cachena), Ganadería Balín (raza Limiá) e Granxa A Ciruxana (raza Ovella Galega) tiveron ocasión de achegar a súa experiencia tanto en produción coma en comercialización e darlle visibilidade ó produto diferenciado co logotipo 100%  Raza Autóctona de cara a que o consumidor final o coñeza, o identifique e o merque.

DE RUTA POR EUROPA CON CARNE 100% LIMIÁ

Ganadería Balín da man do cociñeiro Blas Cardosa Heredia cos platos “Carpaccio de Limiá con Parmesano y Rúcula”, “Limiá a la Bourgignone” e “Frikadelle de Limiá con Brie y Mermelada de Sabugueiro” levounos de viaxe gastronómina por Europa con calidade autóctona.

Ademáis, Antonio Pérez “Tonecho” falou durante o cociñado da forma de producción na súa explotación, quedando demostrado que cando funciona a simbiose entre excelente produto e unha boa preparación o resultado é espectacular.