XORNADAS TÉCNICAS EN BIESCAS

[XORNADAS TÉCNICAS EN BIESCAS - uploads/9/news/biescas-cartel2.png]

A Federación Española de Razas Autóctonas (FEDERAPES) vai a celebrar na localidade oscense de Biescas, os días 18 e 19 de outubro, as VIII Xornadas Técnicas sobre razas autóctonas.

Nesta poboación aragonesa daranse cita representantes das asociacións de criadores de especies domésticas catalogadas como en perigo de extinción de diversos puntos de  España, entre as que por suposto se atopan: Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga, Vianega, Asovega e Avimós. Todos eles reuniranse co obxectivo común de analizar a situación actual do sector, as perspectivas do mesmo e compartir coñecementos e experiencias para marcar liñas de traballo.