V FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE DE TENREIRA CACHENA EN VILAMARÍN(OURENSE)

2 de xuño 2018. Vilamarín (Ourense)
[V FESTA GASTRONÓMICA DA  CARNE DE TENREIRA CACHENA EN VILAMARÍN(OURENSE) - uploads/9/news/img-20180602-wa0013.jpg]

O sábado 2 de xuño, celebrouse a V Festa da Tenreira Cachena, en Pazos de Monte, no concello de Vilamarín (Ourense). 200 comensais puideron desfrutar dun menú a base de empanada de Cachena, carne richada e ao caldeiro. Os animais procederon da explotación próxima de “Delvezón Agroganadera”, gandería adicada a cría en extensivo de animais exclusivamente de raza Cachena e que tamén é operador autorizado do logo 100% de raza cachena.