PUBLICADAS DISTINTAS AXUDAS PARA PREVENCIÓN DE DANOS PROVOCADOS POLA FAUNA SILVESTRE E PARA PALIAR ATAQUES DE LOBO E DESTROZOS XABARIL

AXUDAS 2019
[PUBLICADAS DISTINTAS AXUDAS PARA PREVENCIÓN DE DANOS PROVOCADOS POLA FAUNA SILVESTRE E PARA PALIAR ATAQUES DE LOBO E DESTROZOS XABARIL - uploads/9/news/conselleria-medioambiente.png]

Véñense de publicar distintas axudas, para paliar danos producidos por ataque de lobo, por destrozos en cultivos producidos polo xabaríl e axudas para prevención de danos producidos por fauna silvestre.

Son tres ordes distintas, e por tanto tres procedementos distintos que se describen a continuación. Os prazos de solicitude están abertos para os tres tipos de axudas: (tamén se poden descargar as 3 ordes na nosa páxina, no apartado lexislación: Axudas)

NOVAS AXUDAS PARA PREVENCIÓN DE DANOS PRODUCIDOS POR FAUNA SILVESTRE 2019

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

PROCEDEMENTO  MT809D

   descargar pdf

Máis información no seguinte enlace: axudas PREVENCIÓN DANOS FAUNA SILVESTRE

 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO.

Orde do 28 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 243 do 21 de decembro de 2018).

Máis información no seguinte enlace: Procedemento MT809B 

  descargar pdf

 

NOVAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS. 2019

ORDE do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2019.

Procedemento MT809E

 

  descargar pdf.