OS PRODUTOS DA RAZA GALIÑA DE MOS PRESENTES EN CASTRELO DE MIÑO

Castrelo de Miño-Ourense. 17 de maio 2016
[OS PRODUTOS DA RAZA GALIÑA DE MOS PRESENTES EN CASTRELO DE MIÑO - uploads/9/news/20160517_170247.jpg]

O 17 de maio, e co motivo da celebración do día das Letras Galegas de 2016 en homenaxe ao poeta Manuel María, o concello de Castrelo de Miño en Ourense, celebrou a presentación dunha mostra de produtos etiquetados en Galego. A esta mostra na que participaron distintas marcas de viños, mel, marmeladas , ovos e outros produtos, foi invitada a Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos-AVIMOS, expoñendo algún dos produtos da raza etiquetados en Galego, así como diversa publicidade para facer promoción da raza e das súas producións.

Na presentación participaron o alcalde e a concelleira de Castrelo de Miño, así como Xosé González e Xosé Carballido pertencentes á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros-Irgade, e da que Avimós é membro dende o ano 2013, por apoiar en campañas de divulgación na elaboración de publicidade e etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios e por fomentar o consumo responsable, potenciando e publicitando os produtos derivados das razas autóctonas galegas.

Esta mostra de produtos estará exposta cara o público durante o verán, no Parque Náutico de Castrelo de Miño.