O MINISTERIO DE AGRICULTURA AUTORIZA O USO DO LOGOTIPO “RAZA AUTÓCTONA 100%” AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS

12-02-2016
[O MINISTERIO DE AGRICULTURA AUTORIZA O USO DO LOGOTIPO “RAZA AUTÓCTONA 100%” AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS - uploads/9/news/logos-100-raza-autoctona-bovinas.png]

O Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA), autorizou mediante cinco Resolucións da Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios a utilización do logotipo “100% Raza Autóctona” ás razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, uníndose así ás razas Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega, que xa tiñan autorizado o seu uso dende 2015.

Foi a Dirección General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a encargada da aprobación dos pliegos de condicións para a utilización do Logotipo raza autóctona nos distintos produtos procedentes destas razas.

O logotipo “100% Raza Autóctona” ofrece garantías de pureza e cría das nosas razas, cría feita mediante métodos artesanais cun sistema de produción ao aire libre, ademais da súa transformación e comercialización, seguindo a trazabilidade do produto dende o campo ata a mesa. Ao seu uso poden acollerse non só as explotacións que crían aos animais, senón tamén as empresas e restaurantes onde se transforman e comercializan.

Coa autorización do uso do logotipo “Raza Autóctona 100%” ás cinco razas, xa son 33 as razas autóctonas españolas que poden utilizar este logotipo.