ESTE FIN DE SEMANA XORNADAS DE POLO NO ASADOR O CABUXO

24-26 novembro 2017. Muimenta (Lugo)
[ESTE FIN DE SEMANA XORNADAS DE POLO NO ASADOR O CABUXO - uploads/9/news/23843349_1143713025763811_2018890961340278193_n.jpg]

En Muimenta, no concello de Cospeito (Lugo), este fin de semana celébranse unhas Xornadas do polo da nosa raza. Con motivo do X Aniversario do Asador O Cabuxo, entre o 24 e o 26 deste mes, temos un menú que leva empanada de polo, taboa de xamón e queixo e polo Mos á brasa, cun postre.
Moi recomendable e importante reservar xa que se espera unha enorme afluencia.