ESTA FIN DE SEMANA VEN A EXPOLUGO

6 e 7 de outubro 2018. Lugo
[ESTA FIN DE SEMANA VEN A EXPOLUGO - uploads/9/news/expolugo-a-rural.jpg]

Os días 6 e 7 de outubro celébrase a feira Expolugo, situada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ao carón da estrada Nacional VI. Contará cunha importante exposición de gando, no que haberá exemplares das razas bovinas Cachena (participación das ganderías de Gonzalo Seoane Prado, Cachenas de Pantón de María del Carmen Álvarez ,e Cachenas de San Breixo de Jordi Ánguez); raza Caldelá (participación das ganderías Ana y Alejandro S.C.), raza Frieiresa (coa gandería de José Rodríguez Teijeiro), raza Limiá (participación da gandería de Ana María Teijeiro Castro) e raza Vianesa (participación da gandería de Rocío Lago Gancedo).

Participarán tamén as ganderías de Luís Fernández Fernández e Gandería Mourelle SC que levarán exemplares da raza Ovella Galega. A gandería de Alberto Santín González participará con exemplares da raza Cabra Galega.

No caso da raza Galiña de Mos, celebrarase o VI Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, onde participarán os seguintes criadores da provincia de Lugo: José Luis Freire Castedo, Javier Álvarez Cela, Alberto Fernández Fraga, Oscar Miranda Gómez, Francisco José Monasterio Solveira, José Zapata Sánchez, Jordi Ánguez Grases, Luis Fernández Fernández, Beatriz Canto Edrosa, Sandra López López, Roberto Raposo Díaz, Emiliano Pol Ferreiro, Carlos Pereira Fernández.

Ademáis expoñerán e venderán produtos de raza autóctona Cachena (Ramón Vázquez e Cachenas de San Breixo) e Granxa Aeiroá con produtos da raza Galiña de Mos. Esta última granxa tamén porá á venda aves vivas da raza.

O sábado 6 a media mañá, haberá polas rúas do centro da cidade o xa tradicional desfile con razas autóctonas galegas. Esta feira ten o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

Esperámosvos.