ESTA FIN DE SEMANA, A HAMBURGUESA DE CACHENA PODERASE DEGUSTAR EN “RILLA NA RÚA” (OURENSE)

24-27 maio 2018. Ourense
[ESTA FIN DE SEMANA, A HAMBURGUESA DE CACHENA PODERASE DEGUSTAR EN “RILLA NA RÚA” (OURENSE) - uploads/9/news/comecaminos-foodtruck.jpg]

Mañá comeza unha nova edición de Rilla na Rúa na cidade das Burgas, e prolongarase ata o domingo 27 de maio. Non se pode perder esta cita, na que se poderá degustar hamburguesa de carne de Cachena a cargo de FOODTRUCK COMECAMIÑOS, operador autorizado para o Logotipo 100% raza autóctona Cachena. A cita será no Xardín do Posío de Ourense.

Mais información no seguinte enlace: FOODTRUCK COMECAMIÑOS