EN ETIQUETA NEGRA ESTARÁN AS RAZAS LIMIÁ, CACHENA E GALIÑA DE MOS.

10-12 NOVEMBRO 2018. PONTEVEDRA
uploads/9/news/etiqueta-negra-2018.png

Os días 10, 11 e 12 de novembro celébrase na cidade de Pontevedra a feira Etiqueta Negra. é unha feira gastronómica de tipo gourmet na que participarán tres criadores das razas Limiá Cachena e Galiña de Mos. Representando á raza Limiá Antonio Pérez “Tonecho” coa súa marca “Ganadería Balín”, pola raza Cachena Jordi Ánguez coa súa marca “Cachenas de San Breixo” e representando á Galiña de Mos vai a criadora Sandra López coa marca “Aeiroá”

Tamén haberá numerosas degustacións e showcooking entre os que participará o restaurante “Chanfainas” (operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Limiá), presentado polo seu cociñeiro Oliver, quen se encargará de presentar pratos elaborados con produtos da raza Limiá procedentes de “Ganadería Balín”.

Pódese consultar máis información da feira na seguinte páxina: http://etiquetanegragourmet.com/

 


|
| © Boaga 2018