DE NOVO ESTAREMOS NO SALIMAT 2017 CON DEGUSTACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUCTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS

Silleda-Pontevedra. Do 8 ao 11 de xuño de 2017
[DE NOVO ESTAREMOS NO SALIMAT 2017 CON DEGUSTACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUCTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS - uploads/9/news/noticia-salimat-antes-2017.png]

Un ano máis, e coincidindo coa Semana Verde, celébrase a 21ª edición de SALIMAT, o salón de alimentación do Atlántico- SEMANA VERDE DE GALICIA, e novamente participaremos con distintas actividades no que se promocionarán os produtos das razas autóctonas con venda de produtos e degustacións nas seguintes actividades:

 

  • COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO “DE NOS A VOS”.

Boaga e catorce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 16 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2017.

Este é o sexto ano consecutivo no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Limiá, Vianesa, carne de cordeiro de Ovella Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas e ovos de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “GANADERÍA BALÍN”, “GANADO DE LEMOS”, “RAMÓN VÁZQUEZ”,“CACHENAS DE SAN BREIXO”, “GANDEIRÍA JUAN M. LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE, “AVES DO CONCELLO”, “CHOUSA DO LEA”, “GALO CELTA”, “GACARLI S. L.”, “A GRANXA DMANÁN”, “A GRANXA DE LOLA”, “CRUGALO”.

Ademáis estaremos con dous stands propios “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas.

 

  • MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME), e as bodegas Fernández Rodríguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).

ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e Porco Celta que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas distintas para cada día da feira, bebida e pan.

TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.

PÓDESE DESCARGAR O MENÚ NO SEGUINTE ENLACE: MENÚ TAPIRAZAS 2017