BOAGA E AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN PRESENTES NO XANTAR 2018

31 XANEIRO-4 FEBREIRO 2018. OURENSE
[BOAGA E AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN PRESENTES NO XANTAR 2018 - uploads/9/news/menu-boaga_-xantar_HuCdB8X.jpg]

Boaga, estará presente en Xantar – do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro en Ourense – a través dun stand onde se poderá obter información sobre as razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega. Nel tamén se difundirán as distintas actividades encamiñadas á promoción e á tipificación das súas producións nun sistema sostible e ao mesmo tempo rendible, así como as múltiples posibilidades culinarias que ofrecen e as distintas estratexias de comercialización deste tipo de produtos únicos e de gran calidade.

Os criadores, “produtores primarios” do logotipo 100% Raza Autóctona tamén estarán presentes achegando a súa experiencia na cría destes animais e mostrando un produto cen por cen raza autóctona

Este ano, ademais, os asistentes á feira poderán degustar pratos elaborados con produtos 100% Raza Autóctona a través dun restaurante da Federación de Razas Autóctonas de Galicia no que colaboran Antonio Díaz, cociñeiro do Restaurante Andarubel, situado nas Fragas do Eume. El e o seu equipo serán os encargados de cociñar as excelentes propostas con produtos das nosas razas autóctonas.

Poderanse degustar produtos rexistrados co logotipo 100% Raza Autóctona, unha iniciativa das asociacións de criadores de razas autóctonas xunto co Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.

Os horarios Xantar para a apertura dos restautantes son a partir da 13:00 horas, e pola noite a partir das 21:00 horas. Pódese descargar o menú no seguinte enlace : MENÚ RESTAURANTE FEDERACIÓN RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA

Pódese reservar para o restaurante de razas autóctonas no seguinte teléfono reservas: 683 34 34 78

O pasado mércores 24 de xaneiro, tívo lugar a presentación das actividades da Federación no Xantar. pódese ver no seguinte enlace presentación Boaga-Xantar 2018. os medios de comunicación fixéronse eco da noticia:

Faro de VigoLa Voz de Galicia