AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/cartel-expolugo-2015-724x1024.jpg]

Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 3 e 4 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO, sito no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).

Celebraranse as seguintes actividades organizadas polas asociacións pertencentes a BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas, e patrocinado pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo:

  • III Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, no que participarán nove criadores e un total de 42 animais.
  • Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega, no que participarán dez criadores e un total de 35 animais.
  • Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, coa participación de 5 criadores das razas Cachena, Vianesa e Galiña de Mos, promocionando os produtos cárnicos e ovos procedente de animais das súas explotacións.
  • Desfile de gando autóctono polo centro de Lugo, o sábado día 3 a partir das 12 do mediodía onde participarán exemplares das nosas razas.
  • Degustación de carne de autóctonas: o domingo día 4 a partir das 14:00 horas, para todo aquel que se acerque á exposición, haberá unha desgustación gratuíta de carne de Cachena, Vianesa e Galo de Mos, organizada pola federación BOAGA e os criadores que participan na exposición do mercado alimentario de razas autóctonas.

O horario de apertura ao público será de 11 da mañá a 9 da noite ininterrompidamente os dous días.