ACHÉGASE UNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA SEMANA VERDE DE GALICIA

Silleda-Pontevedra. do 8 ao 11 de xuño de 2017
[ACHÉGASE UNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA SEMANA VERDE DE GALICIA - uploads/9/news/logo_semana_verde2017.jpg]

Do 8 ao 11 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, no recinto Feiral de Silleda, e BOAGA xunto coas asociación integradas e os seus criadores participarán con diversas actividades na 40ª edición da FEIRA INTERNACIONAL ABANCA-SEMANA VERDE DE GALICIA

As actividades que se realizarán serán as seguintes:

 

·         EXPOSICIÓN E CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS GALEGAS.

Celebraranse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

-          Como novidade este ano celébrase o I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA.

As mellores reproductoras da raza Frieiresa participarán por primeira nun concurso morfolóxico.

A raza Frieiresa é de todas as autóctonas galegas en perigo de extinción  a que conta con menor número de exemplares. De ahí a transcendencia do concurso, onde van concursar os mellores exemplares da raza procedentes de distintos puntos da xeografía galega. Con 27 explotación a día de hoxe estamos ante unha raza da que contamos con 559 reprodutoras dunha población total de 841 exemplares.

 

Ademáis do concurso de Frieiresa, tamén se celebrarán os seguintes concursos, que segundo cada raza van polas seguintes edicións:

-          VI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.

-          V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA

-          IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

-          III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

 

· 4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estará dividido en tres certames no que os criadores de Avimós poderán participar coas súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual:

6ª exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2017, no que participarán varios criadores con exemplares de toda España. Os lotes estarán formados de 3 galiñas e 1 galo.

X Concurso Monográfico da Galiña de Mos, onde se exponen os mellores exemplares a nivel nacional.

3º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”, onde participarán lotes de galiña cos seus poliños. Este concurso pretende promocionar as galiñas da raza como nais para que o público poida observar a cría dos poliños naturalmente e non en incubadora. Preténdese que o concurso teña una proxección publicitaria máis que competitiva, polo que o público asistente será o encargado de seleccionar co seu voto os mellores lotes.

 

·         EXPOSICIÓN DE EXEMPLARES VIVOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA.

 

·         MERCADO DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á venda exemplares da raza Galiña de Mos no que participarán catro produtores da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.

máis información en: SEMANA VERDE 2017