A OVELLA GALEGA PARTICIPOU NA 10ª ANDAINA DE ARMARIZ

4 de Agosto 2018. Armariz (Nogueira de Ramuín)
[A OVELLA GALEGA PARTICIPOU NA 10ª ANDAINA DE ARMARIZ - uploads/9/news/andaina-armariz-4.jpg]

O sábado 4 de agosto, celebrouse a décima andaina solidaria en Armariz (Nogueira de Ramuín). Nesta andaina participou coma en edicións anteriores o criador da raza Ovella Galega “Finca a Tellada”, un dos patrocinadores do evento, que repartíu información sobre a Ovella Galega e as razas autóctonas galegas e sorteou entre os participantes un agasallo sobre as nosas razas autóctonas.