A OVELLA GALEGA NUNHA NOVA EDICIÓN DA “FÍA DA LA” EN CABANAS
10-11 setembro 2016. Cabanas (A Coruña)
Esta fin de semana, nos días 10 e 11 de setembro, vaise celebrar en Lavandeira, no concello de Cabanas (A Coruña), unha nova edición que xa é a oitava da "Fía da Lá", organizado pola “Asociación de mulleres Cabanas Rural”. Unha excelente iniciativa para por en valor a lá da ovella, as distintas características e variedades que existen, recuperar as tradicións e as diferentes propostas para confeccionar prendas de lá.
E como non a la de Ovella Galega estará presente novamente. Aportarase abundante información da raza e das características da la de Ovella Galega, ademáis este ano por primeira vez a lá está certificada co “Logo 100% raza autóctona Ovella Galega”, que garantiza que a la e 100% de raza Ovella Galega, pois “Asociación de mulleres Cabanas Rural” é operador autorizado para o logo 100% raza autóctona. Noraboa por esta iniciativa e non perdades esta oportunidade de asistir!
Máis información para reservas, comida e talleres no teléfono 659620948