A GALIÑA DE MOS ESTIVO NAS FEIRAS DE SAN ISIDRO CELEBRADAS NOS CONCELLOS DE SARRIA E ROIS.

Sarria , 8 de maio 2016; e Rois 15 de maio de 2016
[A GALIÑA DE MOS ESTIVO NAS FEIRAS DE SAN ISIDRO CELEBRADAS NOS CONCELLOS DE SARRIA E ROIS. - uploads/9/news/feira-san-isidro-criador-roberto-raposo_XciIClb.jpg]

O 8 e o 15 de maio os criadores Roberto Raposo e Rafael Carbajales (Granxa Eo dos Menecos), estiveron en sendas feiras de San Isidro celebradas en Sarria e no concello de Rois respectivamente. Levaron exemplares da raza e repartiron abundante información,e houbo moitos contactos interesados na Galiña de Mos.