A GALIÑA DE MOS E A CACHENA ESTARÁN NA “XIX FESTA DO LACÓN CON GRELOS” EN ORDES.

Ordes (A Coruña). 11 e 12 de Marzo de 2017
[A GALIÑA DE MOS E A CACHENA ESTARÁN NA “XIX FESTA DO LACÓN CON GRELOS” EN ORDES. - uploads/9/news/cartel-festa-lacon-con-grelos-ordes.png]

Esta fin de semana, asistiremos á “XIX Festa do Lacón Con Grelos” que se vai a celebrar en Ordes (A Coruña), coa participación da Galiña de Mos e da Cachena, nunha exposición de gando e aves autóctonas que está preparada para a ocasión.

Os exemplares vivos das razas Galiña de Mos e de Cachena, das criadoras, Mari Luz Gómez (criadora das razas Galiña de Mos e de Cachena), Cruz Grille (criadora de raza Galiña de Mos) e Dánae Fernández Romay da “Ganadería Beiras Fernández” (criadora de raza Cachena), de seguro serán os grandes protagonistas. Tamén se repartirá publicidade e se asesorará sobre estas razas autóctonas e as súas producións.

Non o perdades!