A CABRA GALEGA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2016

18 setembro 2016. Merlán- Chantada
[A CABRA GALEGA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2016 - uploads/9/news/2016-09-09-212654.jpg]

A cabra Galega estará o día 18 de setembro nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán, que igual que en anos anteriores organiza a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en Chantada, no campo da festa do pobo. Capriga participará dende a mañá  repartindo abundante información sobre a raza.