Descargar PDF en alta resolución

A rusticidade, a facilidade de manexo e a gran mansedume desta raza fana óptima para o réxime extensivo, pois ademais aproveita recursos materiais que outras razas máis selectas desbotarían. Antigamente, esas características facían que fora unha raza moi apreciada para os traballos agrícolas.

Na actualidade o seu principal uso produtivo é a carne. Grazas ao seu bo sistema mamario e a correcta implantación dos tetos, os xatos poden alcanzar ata 160 kg/canal á desteta, achegando uns rendementos cárnicos de arredor do 48-49%, uns bos resultados neste tipo de razas autóctonas en perigo de extinción.

A súa carne é magra e con baixos niveis de graxa. Cunha adecuada maduración, a súa textura é óptima en xugosidade e tenrura, ademais do seu excelente sabor.

Debido ao seu modo de cría natural en extensivo, presenta unha gran proporción de ácidos graxos saudables (omega 3, omega 6 e CLA).

 

¿Onde Mercar?